viernes, 21 de febrero de 2014

Dramaturg@s e director@s de escena frikis. A nova corrente do teatro galego.

Hoxe, mentres escoito a canción Give a reasons, opening da serie de animación xaponesa Slayers, aquí en España titulada Reena e Gaudy, reflexiono sobre un feito que vexo día a día en clase: Unha nova xeración de director@s e dramaturg@s influenciados pola corrente do manga xaponés e do cómic norteamericano que invadiu nos oitenta e noventa as nosas infancias. Si señor@s, somos a xeracións dos frikis, e agora estamos asaltando tamén o mundo das artes escénicas.

Sei, de bo grao, que moitos profesores ven esta tendencia como unha aberración perigosa que ameaza a xa fráxil arquitectura do teatro galego. Eu invito a eses mestres a que reflexionen... Por que non pode ser esta, outra corrente estética e artística máis que axude a engrandecer o noso teatro? Como estes director@s e dramaturg@s poden utilizar esa influencia para traballar sobre novas formas de creación para as nosas artes escénicas? Como podemos canalizar, de forma creativa e personal, esa influencia tan forte nas nosas vidas para xerar ARTE?

En Introducción á dirección de escena a directora estadounidense Anne Bogart fai referencia á influencia da tradición sobre o director de escena á hora de dirixir. Ela fala da memoria. Esta é a nosa memoria. Memoria marcada a lume nos libros e cómics que limos na nosa infancia. Unha memoria chea de imaxes, cores, ideas, texturas, orixinalidade... Eu sinto que a miña memoria está, ao igual ca dalgúns compañeiros da escola, moi influenciada polo poder da estética do manga xaponés, da ciencia ficción estadounidense, da fantasía épica británica, do terror... de xéneros considerados "menores" por todos os "amantes da literatura". E logo, cando vexo pezas de grandes directores de teatro contemporáneo, vexo imaxes que mesmo poderían sair dun relato de H.P. Lovecfrat, seres que semellan aliens doutros mundos, escenas saídas de libros de ciencia ficción... Moitos dirán... "Es ti a que transforma as imaxes que xeran eses directores baseándote nas tuas ideas frikis?" Pode ser. Pero non é esa unha asociación maravillosa? Imaxinemos agora o asunto pero á inversa. Que ideas se poden desenvolver nas cacholas dos nosos espectadores  cando vexan as imaxes que nós lle ofrecemos na nosa posta en escena? Que asociacións farán eles?

Recordo cando fun ver Privolva de Olaz De Andrés no Ensalle (Confeso que fun vela porque no panfleto anunciaba que traballaran a partir dunha película de ciencia ficción)  Foi unha experiencia maravillosa, non pensei en ningún momento de que estética partiran, simplemente senteime na butaca a desfrutar do movemento de aqueles bailaríns, iso atraíame con moita forza. Este é unha gran exemplo de como a nosa "tradición friki" pode crear espectáculos alucinantes.

Agora que xa quedei ancha e fresca, invito que reflexionedes sobre isto...