miércoles, 16 de noviembre de 2011

O demo esmeralda

A morte sufragou ao baleiro, bendita escuridade, dicía el día tras día no outeiro onde tempo atrás compartiran marabillosas  tardes de lúdica diversión, de profunda ledicia. O seu débil e pequeno corpo converterase nun pozo de sabedoría da dor, pero xamais experimentara aquela soidade tan amarga, aquela impotencia que  rebentaba  a sua alma con punzadas de culpabilidade.
¿Qué sentido tiña pois a existencia na nada? Sen el, a sua alma xa non podía despegar, extender as suas ás e voar libremente sentindo a doce brisa. Así que, por fín a todo foi a sua solución máis lóxica, a máis doada. Non sentiría deshonra algunha pois sempre fora un cobarde, seguiría o seu rumbo natural polo cal seguía vivo, a fuxida.
As suas mans sostiñan un pequeno recipeinte cun morteiro co que machacaba a cicuta que poría o punto final ao seu sufrimento, os seus movementos eran paseniños. O seu corpo instintivamente tentaba detelo, o seu corazón nembargantes, converterase en pedra.
Cando acadou unha pasta máis ou menos uniforme tentou levalo á boca varias veces, pero cada intento volvíase cada vez máis pesado e custoso. As mans temblábanlle cada vez que achegaba aquela materia pezoñenta aos seus beizos, a sua debilidade aparecía incluso no cobarde acto do suicidio.
Concentrouse novamente, esta vez estaba decidido, nunha rápida acción das suas mans levou o veleno a boca, apenas tocara o seu beizo inferior cando unha voz ronca o chamou dende detrás do seu lombo.
-¡Ei rapaz!
O mociño sobresaltouse e a cunquiña coa cicuta precipitouse ao chan esparexendo o seu contido mentres rodaba lentamente ladeira abaixo, un frío remuiño de vento abaneou ferozmente a herba arredor seu suspendendo varias follas no aire, o tempo pareceu deterse nun intre, a morte parecía mofarse de el co afogo da fel percorréndolle o padal.
A voz que o chamaba faciase tanxible ante a sua ollada, era unha figura esfarrapada, vestida cun grande abrigo negro abotoado ata o queixo e un pantalón a cadros vermellos e negros corroido e absorbido por unhas botas cheas de lama. A carrapucha do abrigo apenas deixaba entrever uns mechóns azabache delizandose alborotados  á altura da clavícula.
-Rapaz ¿tes auga…? –a pregunta afogouse nunha extraña tos.
Tentou erguerse ao ver como o descoñecido iba desgastanto a distancia, o raparigo non se fiaba, aquel ser producíalle noxo e terror , a sua agonía recordáballe ao escuro pasado da guerra, ao tormento das noites en vela, a podredume dos corpos sen vida nas cunetas.
Nembargantes algo se atopou coa esquiva ollada do neno, aquel ser era propitario dos ollos máis desconcertantes que xamáis vira, unha visión que o afundiu nun océano recóndito envolto dun esmeralda resplandecente.